Neste curso tamén vos ofrecemos a posibilidade de participar no Premio literario Frei Martín Sarmiento, que consiste en ler ao longo do curso dúas obras en galego e puntualas de 0 a 10.
A participación do alumnado xestiónase desde o profesorado de EI, EP e ESO-Bac. As persoas adultas que queirades participar podedes inscribirvos a través da circular que vos entregamos na reunión de inicio de curso (se non a tedes, podedes coller unha en Secretaría).
As obras seleccionadas este curso son:
* RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia.
* FRAGA, ANTONIO M. ; A virxe das areas; Edicións Embora.
* RIVEIRO COELLO, ANTÓN; A ferida do vento; Ed. Galaxia.
* FRAGA, ANTONIO M. ; A virxe das areas; Edicións Embora.
Se che gusta ler, anímate e participa. O teu exemplo é a mellor campaña de fomento da lectura!
Para máis información, pregúntanos ou accede ao blog do Premio nesta ligazón: http://www.blogoteca.com/sarmiento/
Ningún comentario:
Publicar un comentario