martes, 31 de decembro de 2013

Boa Noite

Dende o EDLG do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Ourense desexamos que pasedes todos unha Noite de Fin de Ano chea de momentos máxicos e felices. 

mércores, 15 de maio de 2013

Ollos de aula

Revista para as familias do alumnado
A Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Lingüística publica esta revista con contidos de interese para as familias: educación, cultura, lingua...
Moi interesante!
 Desde aquí podes acceder á páxina da Coordinadora Galega de ENDL 
e ler ou descargar os exemplares publicados
 Roberto Vidal Bolaño

Na seguinte imaxe interactiva podedes acceder a diversos materiais sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013



sábado, 4 de maio de 2013

Boletín informativo de Auria Coordinadora ENDL Ourense




Boletín nº 1

Nesta publicación atoparás información sobre a lingua e tamén sobre outras cuestións relacionadas coa escola.

Final do Club de Debate

O sábado 4 de maio un grupo de alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO participou na Final do Club de Debate celebrada no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela. 

Os equipos participantes nesta fase final, representantes das seis zonas en que se divide o certame, son o CPI dos Dices (Rois), o CPR Plurilingüe María Auxiliadora-Salesianos (Ourense), o IES Castelao (Vigo), o IES Parga Pondal (Carballo), o IES Sánchez Cantón (Pontevedra) e o IES Saturnino Montojo (Ferrol). 

O tema do debate: "O galego,unha oportunidade?".




A Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización da Lingua dá conta da noticia na súa web

domingo, 3 de marzo de 2013

CANDO ESTUDES FÓRA... TAMÉN EN GALEGO

Sae, divirtete, estuda, coñece mundo... fóra tamen podes falar o GALEGO!!!!! Normalización 2º ESO C

O GALEGO UNHA LINGUA DE FUTURO

Presentámosvos un vídeo no que as tecnoloxías, e polo tanto o futuro, tamén están en galego!!! Normalización. 2º ESO